Ata o vindeiro 2 de febreiro o Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acolle Acisclo en 66 obras. Esta exposición retrospectiva revisa a traxectoria do escultor ourensán Acisclo Manzano cunha selección de pezas datadas entre 1959 e 2010, con exemplos que repasan todos os materiais que traballou este creador.
Segundo lembra a presentación da mostra, as esculturas están feitas de "madeira, barro, terracota, ferro, bronce, chumbo, aluminio, grafito refractario e fibra de vidro" e dan conta da evolución dun creador que comezou a traballar na madeira como tallista e evolucionou cara á neofiguración expresionista que marca o seu estilo.
Con esta perspectiva o autor "amosa o seu interese por resaltar de maneira especial os rostros e as mans, transmitindo profundas emocións a través do xesto. Busca conmover a e o espectador coa deformación corporal das figuras para expresar a soidade, a violencia ou a angustia, sentimentos humanos que en ocasións potencia furando a masa". A partir dos anos 70 a súa obra incorpora unha importante presenza do barro, que pasou a ser o material predilecto do creador, e que combinou con propostas escultóricas monumentais a partir de 1986.
A exposición conta con fondos achegados de museos de todo o paÃs e entidades como o Parlamento de Galicia, a CRTVG, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, o Centro Cultural Marcos Valcárcel ou fundacións como a Fundación Xaime Quessada Blanco e a Fundación Araguaney, ademais de galerÃas de arte e coleccións particulares.