Os premios Torrente Ballester de narrativa, que desde 2016 contaban cunha dotación de 25.000 euros para cada unha das súas modalidades, en galego e en castelán, achegarán na súa 32 edición unicamente 6.500 euros para cada un dos traballos gañadores. Deste xeito, o premio que convoca a Área de Cultura da Deputación da Coruña deixa de ser o máis dotado das nosas letras e iguálase en cada unha das súas categorías co resto de certames culturais desta entidade. O Boletín Oficial da Provincia publicaba precisamente este 22 de maio a convocatoria deste e mais dos outros galardóns culturais da institución.
Deste xeito, fica aberta a convocatoria do Premio Castelao de Banda Deseñada, que mantén os seus premios de 6.500 euros para as categorías xeral e de obra para público infantil e xuvenil. Coa mesma contía recunca o Premio Begoña Caamaño á acción cultural pola igualdade de xénero, o XX Miguel González Garcés de Poesía, o XIV Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, o XIII Certame Antonio Fraguas Fraguas de artesanía e mais o XV "Jesús Núñez" de arte gráfica. O XII Concurso Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais mantén pola súa banda os fondos de 8.500 euros, que se distribuirán entre os cinco proxectos clasificados cun primeiro premio de 3.000.
Por outra banda, e a seguir a tendencia de moitos dos certames literarios do país, algunhas das convocatorias máis destacadas deste ámbito amplían os seus prazos de presentación. Deste xeito, o XIII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado recibirá orixinais ata o vindeiro 15 de xuño e pasará a fallarse o 15 de xullo. Aos premios Xerais, Merlín e Jules Verne á súa vez, poderán presentarse obras ata o 6 de xullo, e o fallo será adiado ata o vindeiro decembro.
Tamén a Axencia Galega das Industrias Culturais anunciou novos prazos para as súas convocatorias de literatura dramática. O XXV premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o XI Manuel María de literatura dramática infantil e XIV Barriga Verde de textos para monicreques aceptarán obras a concurso ata o vindeiro 18 de xuño.