Tralo peche da librarÃa Chan da Pólvora de Compostela, a editora do mesmo nome -aÃnda que un proxecto empresarial diferente- presentou o seu web. Ademais de información sobre as publicacións, os selos editoriais e unha tenda electrónica, a editora ofrece contidos especÃficos para a web e en aberto, clasificados en dous selos. En "Chanzo", ofrécense textos en pdf con reflexións ao redor da produción poética en Galicia, que inclúen unha antoloxÃa poética de 2018 a cargo de Chus Nogueira na que figuran nomes como Xabier Cordal, Pilar Pallarés, Antón Lopo ou Xesús Rábade, entre moitos outros. E en "Lipo (Laboratorio de Indagacións Poéticas) recupérase un proxecto de finais dos 90. Nel, Ana Romanà e Chus Silva realizarán pezas sonoras para unha sección que a editora quere converter en "lanzadeira de audiolibros", pero no que tamén figuran pezas audiovisuais a cargo de Manuel Solleiro, ou un poema sonoro de Paula LuÃs.