Nace Chan da pólvora, editora e libraría especializadas en lírica

Antón Blanco e Chus Pato protagonizan os primeiros lanzamentos

26/5/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os poetas Antón Lopo, Eduard Velasco e Alicia Fernández están detrás de Chan da pólvora, un novo proxecto centrado na poesía. Unha libraría e espazo de creación e mais unha editora son as bases desta iniciativa, que abre na Compostelá Rúa de San Pedro a súa sede. Antón Blanco e unha reedición do Urania de Chus Pato son os primeiros traballos do selo que verán a luz, aos que seguirá un volume coa correspondencia entre Eduardo Blanco Amor con Ramón Suárez Picallo que verá a luz con ocasión do Día do Orgullo LGBT a abrir a colección Rabo de Egua.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chan da Pólvora, Chus Pato, Ramón Suárez Picallo, Eduard Velasco...