A editora Chan da Pólvora estrea web

Ofrece contidos en aberto como antoloxías, análises e un laboratorio de experimentación poética

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Imaxe do web Chan da Pólvora

Imaxe do web Chan da Pólvora

Tralo peche da libraría Chan da Pólvora de Compostela, a editora do mesmo nome -aínda que un proxecto empresarial diferente- presentou o seu web. Ademais de información sobre as publicacións, os selos editoriais e unha tenda electrónica, a editora ofrece contidos específicos para a web e en aberto, clasificados en dous selos. En "Chanzo", ofrécense textos en pdf con reflexións ao redor da produción poética en Galicia, que inclúen unha antoloxía poética de 2018 a cargo de Chus Nogueira na que figuran nomes como Xabier Cordal, Pilar Pallarés, Antón Lopo ou Xesús Rábade, entre moitos outros. E en "Lipo (Laboratorio de Indagacións Poéticas) recupérase un proxecto de finais dos 90. Nel, Ana Romaní e Chus Silva realizarán pezas sonoras para unha sección que a editora quere converter en "lanzadeira de audiolibros", pero no que tamén figuran pezas audiovisuais a cargo de Manuel Solleiro, ou un poema sonoro de Paula Luís.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chan da Pólvora, Xabier Cordal, Ana Romaní, Pilar Pallarés...