Unha data fundamental para a programación cultural do paÃs como é o DÃa das Letras non podÃa ficar sen alternativas de celebración por mor da crise sanitaria da Covid-19. Deste xeito, diferentes concellos e entidades están a apostar por manter as súas propostas para esta data a través da rede. A área de Cultura da Deputación de Lugo celebrará a data coa programación en liña As Letras en rede. Este ciclo, que se prolongará entre 17 e o 27 de maio achega unha decena de actuacións musicais cada dÃa ás 19 horas na canle de Youtube da Vicepresidencia da entidade. Davide Salvado, Raiceira, Ugia Pedreira, Pepe Vaamonde, Mamá Cabra, Mircromina TÃteres, Ana Carreira, Lois Pérez, Olga Novo e Marina Oural compoñen o programa.
Santiago de Compostela centraliza na súa Rede de Centros Socioculturais o programa de celebración As letras na casa. Desde este 13 de maio e ata o vindeiro domingo desenvolveranse cinco accións culturais en liña elaboradas especificamente para estas datas a través da canle de Youtube e do web da institución. Paula Carballeira foi a encargada de iniciar esta proposta, que continúa este dÃa 14 con Polo Correo do Vento e contará cada dÃa ás 20 horas cunha nova actuación.
Tamén en Ribeira levan o seu programa ao virtual. Contacontos de Raquel Queizás e Charo Pita, unha lectura colectiva dun poema de Carballo Calero e a interpretación do Himno Galego compoñen o programa para este 17 maio, que contará cun pase de mañá e outro de tarde.
A axencia Culturactiva integra pola súa banda varias actuacións previstas para esta data nun programa que desenvolve en colaboración cos concellos de Soutomaior, Vilalba e Vilariño de Conso. En concreto, ao longo da xornada achegará dúas sesións do espectáculo As nosas Letras, do Mago Teto e Puño, puñete de Baobab Teatro retransmitidas ao vivo e con cinco cámaras na realización. As transmisións desenvolveranse desde os auditorios dos concellos implicados e nas súas propias canles de Youtube.
Unha iniciativa innovadora para as Letras resulta o grande concerto que as bandas de Viveiro, Arca, Chapela e Vilatuxe preparan para este domingo 17. Un total de 170 intérpretes destas agrupacións interpretarán diferentes pezas co acompañamento de LucÃa Pérez, Najla Shami e Esperanza Mara para un Himno Galego que fechará o recital. A proposta poderá seguirse no canle de Youtube da Banda de Arca a partir das 19 horas.