O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de elaborar un documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos servizos e producións de eventos espectáculos audiovisuais ou musicais, xa sexa en recintos estables ou temporais e sempre de acordo coas informacións das autoridades sanitarias sobre o Coronavirus. Este asesoramento técnico do ISSGA préstase a solicitude de Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (AGATEC) que se dotan así dun guieiro para establecer as necesidades loxísticas que puidesen ter para cando sexa posible realizar estes eventos. O ISSGA sinala que se trata dun documento en continua actualización e á espera das guías ou protocolos que ao efecto se poidan deseñar no plan integral para o a reactivación do sector turístico pola Consellería de Cultura e Turismo, a Secretaría Xeral de Estado de Turismo, o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) e as autoridades sanitarias.
O informe recolle medidas de reforzamento de limpeza e seguridade sanitaria comúns a calquera actividade actualmente, no que ten que ver cos controis de acceso e medidas de distanciamento e hixiene xerais, pero tamén ten indicacións moi específicas para a montaxe e preparación dos espectáculos que van desde a hixienización dos equipos e micrófonos; instalar no escenario ou backstage un punto de limpeza e hixiene para os participantes do evento; dotar aos responsables de cada área de equipos de comunicación sen fíos para poder comunicarse sen necesidade de agruparse nin desprazarse; establecer quendas de acceso aos camerinos se os artistas non poden acudir vestidos para o evento dende a súa casa, e moitas outras que abranguen cada paso da organización dun evento e da súa realización. O ISSGA elabora este tipo de documentos específicos para moitos dos sectores produtivos de Galicia.
PREVENCIÓN E SAÚDE LABORAL NOS SERVIZOS E PRODUCIÓNS DE EVENTOS E ESPECTÁCULOS ANTE O CORONAVIRUS.O informe recolle medidas de reforzamento de limpeza e seguridade sanitaria comúns a calquera actividade actualmente, no que ten que ver cos controis de acceso e medidas de distanciamento e hixiene xerais, pero tamén ten indicacións moi específicas para a montaxe e preparación dos espectáculos que van desde a hixienización dos equipos e micrófonos; instalar no escenario ou backstage un punto de limpeza e hixiene para os participantes do evento; dotar aos responsables de cada área de equipos de comunicación sen fíos para poder comunicarse sen necesidade de agruparse nin desprazarse; establecer quendas de acceso aos camerinos se os artistas non poden acudir vestidos para o evento dende a súa casa, e moitas outras que abranguen cada paso da organización dun evento e da súa realización. O ISSGA elabora este tipo de documentos específicos para moitos dos sectores produtivos de Galicia.