Os espazos escénicos xa dispoñen dun protocolo a seguir para a súa reactivación funcional para espectáculos teatrais e música en vivo. RedEscena, a Rede Española de Teatros, Auditorios, Festivais e CircuÃtos de titularidade pública á que están asociados 13 espazos galegos, o FIOT e a propia Rede Galega de Teatros e Auditorios AGADIC ven de facer público o "Protocolo de medidas operativas y sanitarias COVID-19 para la reactivación de los espacios escénicos de La Red". A presentación deste documento elaborado durante semanas por unha mesa de traballo convocada polo INAEM tivo lugar durante unha reunión en liña dos 90 asociados de RedEscena. O protocolo, que non ten rango legal, ofrece recomendacións sobre condicións e ferramentas prácticas cara á reapertura dos espazos escénicos, a celebración de festivais e a reactivación da exhibición de artes escénicas en xeral. O documento estaba a ser agardado polos xestores de recintoas para poder comezar a planificar a súa loxÃstica de volta á actividade.
Este programa divide as propostas en catro grupos de medidas: plans de limpeza e desinfección das diferentes áreas tanto de traballo como de acceso público; as recomendacións dirixidas a garantir a seguridade do público; as que pretenden asegurar a seguridade dos traballadores dos teatros, e as que miran pola seguridade das compañÃas, os artistas e o persoal técnico externo. O documento será discutido proximamente con outros axentes do sector para avanzar cara o deseño dun protocolo xeral que poida ser aprobado polas Autoridades Sanitarias, preservando a saúde dos públicos e dando seguridade xurÃdica á actividade dos espazos escénicos. O documento lembra que “seguridade total non é posible” e que sempre será necesario axustar as medidas ás directrices pautadas polas Autoridades Sanitarias. En Galicia fai unha semana o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), dependente da ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria elaborou tamén un documento no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos servizos e producións de eventos espectáculos audiovisuais ou musicais.