O sector escénico en Galicia conta dende este mes cunha guÃa de recomendacións fronte á Covid-19 para a actividade especÃfica. O documento acordouno por consenso o comité de Saúde Laboral do Convenio de Actores e Actrices de Galicia, integrado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Comisións Obreiras (CCOO), Unión Xeral de Traballadores (UXT) e Confederación Intersindical de Galicia (CIG) como parte dos/as traballadores/as e a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas-Escena Galega e a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
Neste documento, aprobado finalmente o 16 de novembro tras diferentes sesións de análise e debate, inclúese a recomendación de que "a acción preventiva inclúa a realización ao elenco artÃstico de cribados e/ou as probas necesarias para a detección da Covid na forma e periodicidade determinadas polos Servizos de Prevención de Risco Laboral". As medidas e recomendacións xerais desta guÃa deberán servir para orientar a redacción dos plans especÃficos de calquera empresa produtora que realice unha actividade escénica, e tamén para os que deban elaborarse para a produción, ensaio e exhibición dun espectáculo concreto.
A elaboración dunha guÃa propia de protocolos era unha reivindicación do sector escénico desde fai meses malia que en maio RedEscena, a Rede Española de Teatros, Auditorios, Festivais e CircuÃtos de titularidade pública á que están asociados 13 espazos galegos, o FIOT e a propia Rede Galega de Teatros e Auditorios AGADIC fixeron público un documento de protocolos xenéricos deseñado para a reactivación dos seus espazos escénicos, pero iso non implicaba necesariamente a todos os axentes galegos na súa actividade. Deste xeito, o sector conta xa en Galicia cunha guÃa de recomendacións propias e actualizadas a situación actual para garantir que a seguridade no eido das artes escénicas cubra tanto ao público coma o conxunto dos seus traballadores/as. Unha guÃa propia que é, ademais, froito da colaboración entre as diferentes asociacións profesionais, sindicatos e institucións públicas reunidas no Comité de Saúde Laboral do Convenio de Actores e Actrices de Teatro.