Diferentes entidades e axentes do sector cultural criticaron o plan de reactivación cultural presentado polo conselleiro de Cultura o xoves pasado. A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) criticou a "predominancia" do Xacobeo 21 no plan, a "falta de protección á diversidade de áreas no sector cultural" e a "falta de información sobre a adaptación do orzamento de 2020 da Cidade da Cultura", entre outros aspectos. Pero non foron os únicos. Diferentes voceiros das artes escénicas consultados pola Revista Galega de Teatro amosaron a súa "decepción" polo plan, xa que segundo eles "mestura medidas novas con outras xa existentes, xunta convocatorias pendentes de publicar con algunhas novas sen desenvolver, apenas menciona os problemas concretos da danza ou das salas privadas; é impreciso nas cifras e partidas". Pola súa banda, a Asociación Profesional de Artistas de Galicia (A Colectiva) considera que o plan "protexe fundamentalmente á industria cultural e á turÃstica deixando de lado a materia prima do ámbito artÃstico, os artistas". Na mesma liña opinaron nas súas redes sociais escritoras como Yolanda Castaño, quen denunciaba que "a Xunta resolve apoiar o tecido empresarial que vive arredor do libro, pero deixar que os creadores/a deses mesmos libros queden á marxe".