O Consello da Cultura homenaxea mulleres representativas do país en O fío de Penélope

Xohana Torres e María Josefa Wonenburger protagonizan as primeiras entregas deste proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
O Consello da Cultura homenaxea mulleres representativas do país en O fío de Penélope

Ao longo da última década o Consello da Cultura organizou encontros anuais de homenaxe e investigación sobre mulleres destacadas en diferentes ámbitos da cultura, a arte, a comunicación ou a ciencia no noso país. Agora, a institución presenta o proxecto O fío de Penélope no que recupera as protagonistas destas xornadas a través da lectura que outras tantas figuras recoñecidas para a sociedade galega fan dos contidos do web do CCG. Deste xeito están xa na rede o percorrido que Helena González propón arredor de Xohana Torres e mais o que Elena Vázquez Cendón realiza sobre a matemática María Josefa Wonenburger Planells. O proxecto continuará a se actualizar cada venres con nomes coma Olga Gallego, Mabel Rivera, Tareixa Navaza, Carmela Porteiro, Mercedes Goicoa, Pascuala Campos de Michelena, Kathleen March, Elena Colmeiro e Mary Quintero como protagonistas.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Xohana Torres, Helena González, Kathleen March...