Matemáticas para o recordo

Morre María Josefa Wonenburger, eminente matemática

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Matemáticas para o recordo

O 14 de xuño morreu María Josefa Wonenburguer, unha eminente matemática e alxebrista nada en Oleiros que traballou en destacadas liñas de investigación en universidades estadounideneses e canadianas. O Consello da Cultura Galega realizou actos para reivindicar esta importante figura científica.

A profesora María Josefa Wonenburger tivo unha dilatada carreira científica entre os Estados Unidos, Canadá ou o Estado español. Wonenburger formou parte da primeira promoción de licencidados en Matemáticas da Universidade Central de Madrid en 1950 e foi a primeira muller do Estado en conseguir unha bolsa FullBfright para estudiar nos Estados Unidos. Fíxoo en Nova York e doutorouse en Yale.

Wonenburger era experta na teoría de grupos, e na álxebra de Lie, e considérase a nai da teoría de Kac-Moody. No 2010 foi a primeira científica investida como honoris causa pola Universidade da Coruña.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Oleiros, Estados Unidos, Universidade da Coruña...