Elena Vázquez Cendón gaña o premio María Josefa Wonemburger

A doutora en matemáticas recibirá o recoñecemento este 20 de decembro en Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Elena Vázquez Cendón. Fonte: Xunta de Galicia.

Elena Vázquez Cendón. Fonte: Xunta de Galicia.

A Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia daba a coñecer este 11 de decembro o fallo do Premio María Josefa Wonemburger. O galardón, co que o goberno galego recoñece desde 2007 "as mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras" foi nesta xeira para a matemática María Elena Vázquez Cendón.

A doutora e profesora de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela viu recoñecido "o seu compromiso na divulgación das Matemáticas á fronte do Proxecto de Estímulo do Talento Matemático (Estalmat-Galicia)". Ademais, o xurado destacou "as súas contribucións no estudo das leis de balance hiperbólicas". O premio entregarase o vindeiro 20 de decembro en Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Ciencia, Xunta de Galicia, Goberno Galego...