Isabel Aguirre leva o premio María Josefa Wonenburguer

A Xunta recoñece o traballo das mulleres na ciencia e na tecnoloxía con este galardón

8/10/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: cienciasociedade
25 lecturas | Compartido 0 veces

A Unidade de Muller e Ciencia da Xunta de Galicia daba a coñecer onte a galardoada co premio María Josefa Wonenburger. A arquitecta Isabel Aguirre foi a agraciada este ano co galardón que valora anualmente o traballo das mulleres no campo da ciencia e da tecnoloxía. Aguirre, que xa recibira en 1997 o Premio Nacional de Arquitectura Manuel de la Dehesa polo seu traballo no compostelán parque de Bonaval e que este mesmo ano viu recoñecido o seu labor no mosteiro de Caaveiro, dirixe actualmente a escola galega da paisaxe da Fundación Juana de Vega.

Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, Mulleres, Tecnoloxía, Arquitectura...