A libraría compostelá Chan da Pólvora bota o peche

A editorial homónima continúa en activo

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Acto cultural na libraría. Foto: Facebook de Chan da Pólvora

Acto cultural na libraría. Foto: Facebook de Chan da Pólvora

A libraría Chan da Pólvora, ubicada na compostelá Rúa de San Pedro, anunciou onte que bota o peche tras case catro anos nos que ofreceu unha selección de libros de poesía e unha programación cultural asociada a eles. No comunicado oficial, a libraría sinala que "o golpe económico derivado do Estado de Alarma dificultou en maior grao o noso presente" pero non é o único motivo. A principal razón explicada é "levamos tempo sen ver cumpridas as expectativas que guiaron este proxecto. A excepción das marabillosas noites que animaron o Polvorín de versos, cada vez ían aumentando as actividades nas que a afluencia de público era escasísima, sen importar as horas dedicadas á preparación e difusión das mesmas". Para os promotores do proxecto, "isto evidencia unha realidade que non podemos seguir obviando: Compostela non precisa dunha libraría ao xeito da que tentamos construír". O peche da libraría non afecta á editorial do mesmo nome.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chan da Pólvora, San Pedro, Poesía, Santiago de Compostela

Claves

Entidades
Conceptos