Espiral Maior abre en Carballo o seu Foro

O novo espazo da editorial integra libraría, oficina e galería de arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A presentación de Desnortada, último poemario de Rosalía Fernández Rial, abría este 24 de novembro as portas de Espiral Maior Foro. A editorial de poesía promove este novo local cultural en Carballo, que define como un espazo "mixto, aberto ao público, que une á sede editorial da propia Edicións Espiral Maior (cando cumpre como empresa 30 anos de existencia), unha libraría especializada e unha galería de arte".

Unha exposición extraordinaria do pintor Xulio García Rivas abrirá o apartado artístico deste proxecto, que tamén acollerá en vindeiras datas un club de lectura, obradoiros de creación poética e artística, presentacións de libros, mesas reondas, conferencias e outras intervencións culturais. A editorial sinala que a súa aposta por Carballo como sede débese a ser a vila, un "centro económico, social e cultural de primeira orde", así como "un enclave urbano e natural magnífico".

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espiral Maior, Carballo, Rosalía Fernández Rial, Rosalía Fernández Rial...