A artista multidisciplinar galega Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988) e máis a compositora e música portuguesa Márcia veñen de gañar o Certame de poesía do proxecto aRi[t]mar Galiza e Portugal, da Escola Oficial de Idiomas de Santiago. A autora galega acadou o maior número de votacións populares polo poema A reflexión (Árbores no deserto, Espiral Maior,2020); mentres que a artista lusa o fixo grazas á peza O verão sabe-me bem ('As estradas são para ir', Editorial Planeta, 2020). Os poemas foron escollidos por votación popular en liña aberta a todo o público galego e portugués e a participación superou todos os rexistros anteriores, resultando a máis alta das 6 edicións e de todas as modalidades, ao superarse os 10 mil votos emitidos.
As seguintes clasificadas foron Francisco Fernández Naval (Galiza) por Dixeches, e Alexandra Santos (Portugal), por As letras do teu nome e, en terceiro lugar, Arancha Nogueira (Galiza), por #love e Samuel F. Pimenta (Portugal) con Foz. aRi[t]mar galiza e portugal é un proxecto didáctico-cultural, desenvolvido inicialmente pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago, que ten por obxectivo divulgarmos a música e a poesía galego-portuguesas actuais, e achegarmos a cultura e a lingua dos dous países, no marco do desenvolvemento da Lei Valentín Paz-Andrade para o aproveitamento do ensino do portugués e vínculos coa lusofonía. Ademais das comunidades educativas e sociais da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, participaron tamén as da Facultade de Filoloxía da USC, Instituto de Línguas e Ciências Humanas da Universidade do Minho (Braga), Conservatorio Profesional de Música de Santiago, Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, Escola Oficial de Idiomas de Lugo, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Centro Cultural Portugués de Vigo-Instituto Camões, os centros do Ensino Português pelo Camões en Galicia e os Centros de Estudos Galegos de máis de 35 universidades do exterior, ben como centros de ensino secundario de fóra de Galicia en que se imparte galego. A finais de ano, os gañadores participarán nunha Gala de entrega de premios en Santiago de Compostela na que tamén tomarán parte as gañadoras do certame musical do proxecto: Guadi Galego e a portuguesa Cláudia Pascoal.