O dramaturgo Raúl Dans (A Coruña, 1964) obtivo o recoñecemento do xurado do IIº Premio Laudamuco de textos teatrais convocado polo Concello de Brión, a Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas. O xurado conformado por Inma López Silva, Carmen Abizanda, Damián VillalaÃn, Xosé Manuel Fernández Castro e Manuel Guede Oliva decantouse pola obra Só un home bo do autor coruñés. Na súa acta declaran ver na obra vencedora "unha voz dramática firme e poderosa, unha autorÃa solidÃsima, cun uso da lingua limpo e rotundo. É tamén necesario ponderar a sabia disposición do entramado escénico que logra relacionar o ritmo do argumento co tempo do discurso". Tamén resaltaron da proposta de Dans "a vontade explÃcita que propón para a súa representabilidade, cuestión que vén definida tanto polo razoable número de personaxes, catro intérpretes, como a economÃa de medios con que pode ser resolto o espazo escénico". Raúl Dans é guionista, autor de teatro, escritor de prosa e ensaÃsta cunha prolÃfica obra na suma destas disciplinas. A dotación económica do premio será de 7.000 euros e a edición da obra gañadora, que correrá a cargo de Edicións Positivas. A entrega do premio estaba revista para o vindeiro dÃa 16 de maio pero as circunstancias levaron ao organizadores a adialo ata o 10 de outubro. O Premio Laudamuco ten como obxectivo estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega, contribuÃr ao recoñecemento e memoria de Roberto Vidal Bolaño, veciño de Brión.