A Asociación Senunpeso publica nas redes as curtas de A fume de carozo

Presenta oito filmes que se desenvolveron integramente en 48 horas

27/4/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: audiovisualculturanacasa
23 lecturas | Compartido 0 veces

Imaxe de A fume de carozo

Coa intención de "poñer o noso gran de area á difusión de contidos culturas dixitais neste contexto de confinamento" a Asociación Senunpeso acaba de publicar no seu web unha selección das curtametraxes que saíron da iniciativa Lav.mov. En total son oito obras dispoñibles na rede que desenvolveron na iniciativa A fume de carozo, gravadas e editadas nunha maratón de dous días no Concello de Vedra.

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Lugares