Versión Valdeorras achega á rede filmes da comarca durante o confinamento

Sempre Xonxa, Santoalla ou Pradolongo fan parte desta iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Versión Valdeorras achega á rede filmes da comarca durante o confinamento

Sempre Xonxa, Santoalla, Pradolongo, Os Fillos da vide, Lobos sucios ou Espírito Abertal son algúns dos filmes que fan parte do novo festival virtual Versión Valdeorras. Desde o pasado 9 de abril esta iniciativa de cineastas da zona está a publicar na rede ata un total de doce filmes en tres quendas. Á inicial, entre nove e 12 de abril, seguirán outras dúas previstas para os días 16 a 19 do mes e unha última entre o 23 e o 24. A maior parte dos filmes fica dispoñible en aberto durante unha semana, aínda que algúns só poderán verse nas 48 horas seguintes á súa estrea.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valdeorras

Claves

Lugares