O CCG celebra os 30 anos do audiovisual galego

Xa se pode ver completo e en liña o filme Sempre Xonxa

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Fotograma de Sempre Xonxa

Fotograma de Sempre Xonxa

Este 2019 que remata é o ano no que o audiovisual galego conmemorou os 30 anos da estrea das tres primeiras longametraxes en lingua galega: Sempre Xonxa, Continental e Urxa. Para celebralo, o Consello da Cultura Galega creou un sitio web en colaboración coa Corporación de Radio Televisión de Galicia no que xa se pode ver en liña a película Sempre Xonxa, se agrupan reportaxes de culturagalega.gal sobre a rodaxe e concepción dos filmes, con declaracións dos membros do equipo e acceder a unha completa unidade didáctica elaborada polo profesor José Antonio Cascudo. O obxectivo é reivindicar estes tres filmes como parte esencial da cultura galega contemporánea, pero tamén crear unha ferramenta que permita achegar as orixes do audiovisual galego de ficción ás escolas. O seguinte chanzo será a difusión do filme Continental o 15 de xaneiro e, posteriormente, máis vizosos contidos multimedia que enriquecerán este proxecto durante os seus doce meses de duración.

Que che parece esta nova?
127 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Lingua galega, Televisión de Galicia, Consello da Cultura Galega...