Pechan un dos camiños tradicionais do castro de Baroña aproveitando o confinamento

O concello do Porto do Son inicia un expediente administrativo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Tras sabermos estes días que unha empresa forestal provocou importantes danos á calzada tradicional de acceso ao castro de Baroña, hoxe sóubose que outro propietario pechou tamén nestes días un dos accesos tradicionais ao castro instalando un portalón, muros e sebes. Trátase do camiño ubicado ao carón do bar que se atopa no inicio dos sendeiros que baixan ao xacemento arqueolóxico e á praia de Arealonga. Segundo Luís Oujo, alcalde do Porto do Son, as obras foron feitas "aproveitando o tempo de confinamento", sen a solicitude de ningún dos permisos ou licenzas preceptivas, xa que o terreo se atopa dentro da "zona arqueolóxica" delimitada como parte do Ben de Interese Cultural do Castro de Baroña. O concello xa comunicou a infracción a Patrimonio e á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta, así como requeriu ao propietario a retirada das obras.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Porto do Son, Ben de Interese Cultural, Muros, Arqueoloxía