Anatomía dun castro doente

Visita en Google Earth co arqueólogo Ángel Concheiro as zonas máis afectadas de Baroña

É o segundo xacemento arqueolóxico máis visitado do país, despois do castro de Santa Tegra. O castro de Baroña, en Porto do Son, excavado a partir dos anos 70, sufre as consecuencias dun clima duro e un incensante tráfico de visitantes ao longo do recinto. Ángel Concheiro foi o responsable de analizar a 'saúde' do Castro de Baroña e localizou seis puntos críticos nos que o castro se está a ver seriamente afectado.

O arqueólogo Ángel Concheiro foi responsable dalgunhas operacións de consolidación do Castro de Baroña pero, mercé a un encargo da Dirección Xeral de Patrimonio, elaborou un informe que analiza a situación actual de conservación deste sitio arqueolóxico da Idade do Ferro, como paso previo ás decisións de intervención sobre el. No informe, Concheiro localizou seis puntos críticos en diferentes áreas do recinto, derivados do forte tráfico de visitantes e da acción do vento, a choiva e o mar. El mesmo nolos explica no vídeo e na visita virtual que podes ver.

Visita virtualmente con Ángel Concheiro o castro de Baroña en Google Earth



Desenvolvemos un novo formato. Descargándose este ficheiro, e abríndoo en Google Earth no teu PC, poderás percorrer con Ángel Concheiro os puntos críticos de Baroña. Para iso, debes despregar a carpeta e facer doble click na película chamada "Puntos críticos no Castro de Baroña".

Descarga o ficheiro para Google Earth