A Xunta pon en marcha o plan para a protección e difusión do castro de Baroña

Destina 120.000 euros a tarefas de limpeza, consolidación, documentación e difusión

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O venres 22 de xullo a Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia o concurso para a protección e difusión do castro de Baroña. Serán 120.000 euros divididos en dúas anualidades, co cal se entende que o castro deberá estar consolidado e coa sinalética informativa en 2012. Para iso, o equipo deberá ronzar e limpar, actuar sobre zonas degradas, escavar o que se considere preciso, realizar unha exhaustiva documentación visual do sitio arqueolóxico e instalar os elementos de sinalética e divulgación precisos para que os visitantes poidan explorar o castro de Baroña con todos os elementos.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arqueoloxía

Claves

Conceptos