Unha tala forestal destrúe un camiño tradicional dentro da zona arqueolóxica do Castro de Baroña

As actividades na zona arqueolóxica deben ser autorizadas pola Xunta

As actividades na zona arqueolóxica deben ser autorizadas pola Xunta
Agresión no camiño tradicional ao castro de Baroña. Foto: riadenoia.es
A maquinaria pesada empregada para realizar talas forestais arrasou estes días o camiño tradicional de acceso ao Castro de Baroña, protexido dentro do expediente de declaración BIC do emblemático xacemento arqueolóxico galego. O camiño tradicional de acceso ao castro de Baroña caracterizábase polo seu emblemático enlousado, construído para facilitar o desprazamento dos carros para as tarefas agrícolas, e era unha das referencias visuais e patrimoniais asociadas ao emblemático xacemento, un dos máis visitados do país. Nas fotografías publicadas por riadenoia.com pode observarse o forte impacto causado polo tránsito rodado no acceso ás fincas desforestadas e a destrución do viario tradicional. Na declaración BIC do castro de Baroña, publicada pola Xunta de Galicia o 10 de octubre de 2011, figura que maneira expresa que "na totalidade da zona arqueolóxica e no seu contorno deberá manterse a estrutura territorial e as características xerais do ambiente natural e da paisaxe na que se integra o sitio arqueolóxico, protexendo aqueles elementos do patrimonio cultural que contribúen á conformación e caracterización da paisaxe actual desta (vías tradicionais, grupos de casas, muros". Na declaración BIC do castro sinálase que "calquera remoción de terras ou actuación que se pretenda realizar no ámbito da zona arqueolóxica e o seu contorno de protección deberá ser autorizada pola Consellería de Cultura e Turismo".

Delimitación da zona arqueolóxica protexida ao redor do Castro de Baroña


A zona arqueolóxica do Castro de Baroña, sometida a protección integral, é a delimitada pola cor vermella. Fonte: Xunta de Galicia/PBA


Agresión no camiño tradicional ao castro de Baroña. Foto: riadenoia.es