O concello de Porto do Son identificou e documentou a agresión á calzada tradicional empedrada que permitÃa o acceso ao Castro de Baroña e que estaba comprendida no interior da zona arqueolóxica protexida pola declaración BIC do monumento. Trátase dunha empresa forestal que realizou traballas de tala nunha parcela comprendida desta área protexida. A empresa comprometeuse a reparar e recuperar o camiño, se ben segundo declarou o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, a La Voz de Galicia, "moveron a terra toda, haberá que limpar todo aquelo e mirar ben se se fixo algún dano nas lousas da calzada. O impacto é enorme, as pasadas da maquinaria cargadas de toneladas de madeira desfixeron o camiño". O alcalde informou que a policÃa municipal xa estivo no lugar da agresión, documentou a desfeita e localizou a empresa responsables. Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Patrimonio para adoptar as medidas pertinentes. É esta administración a que debe autorizar calquera traballo na zona arqueolóxica e nos seus camiños tradicionais.