Compostela rehabilitará os camiños Francés e de Fisterra

O Concello investirá 999.000 euros para sinalizar e reparar os tramos que pasan polo seu territorio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Os camiños Francés e de Fisterra ao seu paso polo Concello de Santiago recibirán un investimento de preto dun millón de euros para a súa rehabilitación e sinalización. A corporación municipal aprobou dedicarlle 277.000 euros a sinalizar o Camiño Francés e mais os seus elementos patrimonais e mais a acondicionar o trazado, mentres outros 360.000 integrarán paisaxísticamente a ruta nas proximidades da estrada N-634. Pola súa banda, no Camiño de Fisterra prevese recuperar a ponte do Sarela e mais parte da calzada medieval, para o que se destinarán 362.000 euros.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fisterra, Camiño Francés, Concello de Santiago, Santiago de Compostela