A compañía de teatro Voadora anunciou o comezo de produción da súa vindeira adaptación dun texto de William Shakespeare, Othello. Esta montaxe será a terceira que fará sobre textos do autor inglés tras poñer no escenario Soño dunha noite de verán e A tempestade. Othello estrearase no 2021 e contará con Marta Pazos na dirección, ademais tamén sabemos xa que esta adaptación dará especial relevancia ás personaxes femininas, ofrecendo unha nova perspectiva na que as personaxes de Desdémona, Emilia e Bianca tornarán en principais, mentres que os papeis de Othello e Iago, un dos grandes viláns de Shakespeare, adoptarán un rol secundario. "Será un espectáculo transgresor, dotado de intencionalidade e que, tal e como é habitual no noso traballo, contará cun compoñente musical moi importante", sinala a directora e escenógrafa nun comunicado. A posverdade e a violencia de xénero serán os grandes temas sobre os que xirará o espectáculo teatral,
Ademais a compañía estreará proximamente Siglo mío, bestia mía no Centro Dramático Nacional. El espectáculo, dirixido por Marta Pazos e baseado nun texto de Lola Blasco galardoado co Premio Nacional de Literatura Dramática 2016, estaba programado para este mes de abril e maio no Teatro Valle-Inclán de Madrid. A suspensión de eventos provocou o aprazamento da estrea da obra, que conta no seu elenco con José Díaz, Carlota Gaviño, César Louzán, Miquel Ínsua e Hugo Torres.
Garage súmase ao sofá de Voadora
Desde o pasado mes de marzo, e ata a fin do confinamento Voadora ofrece en aberto os seus espectáculos a través da canle que ten en YouTube. A compañía puxo a disposición do público Voadora en el sofá, unha lista de reprodución que inclúe as gravacións completas de obras como Soño dunha noite de verán (2017), Calypso (2015), A tempestade(2014) ou Don Juan (2015). Como novidade, desde el luns 20 tamén é posible ver en YouTube a obra Garage (2017), una coproducción de Voadora co MA Scène Nationale de Montebeliard (Francia) sobre o papel da muller na industria automobilística e protagonizado por traballadoras de PSA Peugeot-Citröen e outras empresas do sector do motor.