A produtora Estudo Momento trae aos escenarios galegos unha nova representación teatral dun dos clásicos inmortais de William Shakespeare: . O dramaturgo Manuel Lourenzo é o responsable desta adaptación en formato curto (90 min.) e en verso que se estreará este venres, 25 de xaneiro, no Teatro RosalÃa de Castro da Coruña cunha única función. Xoan carlos Mejuto e Iria Ares, responsables de Clásicos nunha hora, dirixen e interpretan as personaxes principais -Macbeth e Lady Macbeth- desta adaptación da traxedia sanguenta do bardo inglés para a que tamén contan sobre as táboas coas actuaciónsd e Luis Iglesia, David Perdomo e Carlos Sante. Macbeth. O ruÃdo e a furia é unha das obras máis importante de Shakespeare, unha traxedia celta sobre a cobiza, a ambición e o destino. Unha viaxe á chaira escocesa, neboenta e insegura chea de traizón e morte na que o compoñente da bruxerÃa e a manipulación das miserias humanas revela a súa mortÃfera achega.