Narón acolle a estrea dunha obra que adapta Macbeth a Galicia

Rebeca Montero comparte cartel con Carmen Machi e Javier Gutierrez

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Narón acolle a estrea dunha obra que adapta Macbeth a Galicia

As similitudes entre Galicia e Escocia permítenlle a Juan Cavestany e Andrés Lima para revisar Macbeth e adaptalo ao noso contexto. O resultado é Os Macbez, onde Dunsinane é Santiago de Compostela e un ambicioso matrimonio (intepretado por Javier Gutiérrez e Carmen Machi) loita polo poder na Xunta. Esta adaptación do clásico de Shakespeare, que conta coa participación da actriz galega Rebeca Montero, estréase hoxe en Narón e chegará a finais de abril ao Centro Dramático Nacional.

O madrileño Andrés Lima codirixe unha obra en Galicia case dous anos despois de que o Centro Dramático Galego anunciara a súa participación en As furias. O proxecto consistía en catro pezas breves do dramaturgo norteamericano Neil LaBute que se suspendeu tralo cese de Blanca Cendán como directora da unidade de produción teatral de Agadic.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narón, Shakespeare, Centro Dramático Nacional, Escocia...