“Ademais do teatro galego, atendemos a outra demanda da cidadanÃa que é a de ver o mellor que se está a facer fóra”. Socorro GarcÃa Conde, concelleira de Cultura de Santiago, resumÃa asà as liñas de actuación do programa Teatro e danza en xira que acaba de arrincar en Santiago. Grandes producións (Centro Dramático Nacional presenta unha obra de Chejov adaptada por Juan Mayorga con 19 intérpretes no escenario), obras experimentais (compañÃa Man Drake-Tomero Vergués), con monólogos (Sergi Lopez e o seu "Non solum). Ademais, o cartel que se repartirá entre o Teatro Principal e o Auditorio de Galicia achegará nomes coñecidos de compañias (Centro Dramático Nacional e Teatro de la AbadÃa), xunto con actores populares como Sergi López, Carmen Machi, Blanca Oteyza e José Luis Gómez. A programación espállase ao longo de todo o ano con espectáculos todos os meses (e con varias funcións).
Programación do "Teatro e Danza en xira".