Fefa Noia coordinará a sección de teatro da AGADIC

Desempeñará a dirección do Centro Dramático Galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Fotografía do Currículo de Fefa Noia

Fotografía do Currículo de Fefa Noia

A dramaturga e directora María José Noia Ansede, máis coñecida como Fefa Noia, será a nova coordinadora do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o acordo polo que se asina un contrato laboral de alta dirección coa candidata, que desempeñará entre os seus labores a dirección do Centro Dramático Galego. Noia impúxose no proceso de selección con 37,68 puntos cunha diferenza de case oito puntos co seguinte candidado mellor valorado. Noia formouse como directora no Teatro de La Abadía, desempeñou funcións de dirección no CDG, no Centro Dramático Nacional ou na Compañía Nacional de Teatro Clásico, ademais de desempeñar labores como dramaturga e tradutora. Tamén é fundadora da compañía Los Lunes.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Noia, Teatro, Fefa Noia, Centro Dramático Galego...