Carballo encara o Festival Outono de Teatro máis ambicioso

Els Joglars, Animalario e Carmen Machi encabezan o cartel da cita

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cartel do XXI FIOT

Cartel do XXI FIOT

Coas transformacións do século XXI como eixe, o Festival Internacional Outono de Teatro chega á súa vixésimo primeira edición cun ambicioso programa que se desenvolverá entre o 4 e o 21 de outubro. Nove obras principais dun total trinta representacións, así como a estrea de O Método Grönholm de Talía Teatro, a segunda coprodución do festival. Como cabezas de cartel destaca a presenza no evento de Carmen Machi a interpretar Juicio a una zorra, de Kamikaze Producciones e mais de Animalario, que porá en escena El Montaplatos, con
Willy Toledo e Jesús Barranco. A coñecida compañía catalá Els Joglars será a responsable de fechar o evento coa representación de El Nacional.

Canda a eles, o festival contará con grupos com La Machina, os venezolanos Grupo Actoral 80, Tanttaka Teatroa ou os cataláns Colectivo 96º. De xeito paralelo á programación, celebrarase a XIV edición da Rúa dos Contos, que levará espectáculos de clown, música, maxia, performances ou novo circo a diferentes locais da vila.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Carballo, Talía Teatro, Toledo...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares