O FIOT e Talía Teatro coproducirán a versión galega do método Gronholm

A programación do festival contará con coñecidas compañías como Animalario

30/8/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: teatropoliticas culturais
14 lecturas | Compartido 0 veces

Ensaio de "O método Gronholm", montaxe que se estreará no marco do FIOT

Con Produción Teatrais Excéntricas o Festival Internacional de Outono de Teatro levaron a cabo a primeira coprodución teatral no ano 2010. Foi Un cranio furado que tivo grande éxito de público e crítica. Agora, repiten experiencia con outra adaptación para as táboas, neste caso O método Gronholm (que tamén recibe 37.107 euros da convocatoria de industrias culturais da Agadic), que conta o coñecido formato de selección de persoal. De momento é unha das poucas compañías confirmadas nunha programación que contará con compañías como a madrileña Animalario.
A piques de pechar a programación, con espectáculos xa contratados pero pendientes de confirmar as datas finais de celebración, o mes de outono en Carballo converterase, por vixésimo primeiro ano consecutivo nunha referencia para o teatro. Alén da segunda coprodución do festival con Talía Teatro (que leva ensaiando na localidade coruñesa desde o pasado 13 de agosto) , contará coa participación de reputadas compañías a nivel estatal como Animalario, que presentará O montapratos. Entre as actividades paralelas sábese que haberá unha exposición sobre a obra pictórica de Alberte Gende, reponsable da imaxe gráfica do certame e que finou este ano.

Universo culturagalega.gal

11/10/2012

Cuestión de método

A FIOT e Talía levan a escena unha obra agridoce sobre un proceso selección de persoal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares