O II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais duplica a súa dotación

As compañías teñen ata o 30 de setembro para presentar as súas propostas a esta convocatoria bienal

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Imaxe da montaxe de Teatro da Ramboia que gañou na primeira edición do certame

Imaxe da montaxe de Teatro da Ramboia que gañou na primeira edición do certame

A segunda xeira do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais abre a súa convocatoria a duplicar a dotación do seu premio, que chega os 4.000 euros. A esta contía sumaranse, como é habitual, as contratacións do espectáculo gañador por parte dos concellos colaboradores, que aínda non se fixeron públicos pero que na anterior convocatoria chegaron a vinte e seis. Segundo adianta a organización, as compañías interesadas en participar teñen ata o vindeiro 30 de setembro para presentar os seus proxectos, que deberán estar baseados nun ou varios textos do poeta chairego. O premio, que se convoca cada dous anos, foi para Teatro da Ramboia e a súa obra O meu mundo non é deste reino.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Teatro, Espectáculo, Teatro da Ramboia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos