Co obxecto de premiar a mellor proposta escénica dunha obra de Manuel MarÃa, e asà tamén impulsar que a obra do chairego se leve aos escenarios, a Casa-Museo Manuel MarÃa ven de crear e convocar o Certame Manuel MarÃa de Proxectos Teatrais. Segundo avanza a revista Erregueté, a entidade dedicada á conservación e difusión da obra de Manuel MarÃa (1929-2005) lanza este certame en colaboración cunha serie de concellos cuxo número e identidade se farán públicos proximamente e que serán cruciais para asegurar a representación da obra premiada nesas localidades. Ao certame haberá que presentar un proxecto completo e detallado do espectáculo, proposta escenográfica, tratamento dramatúrxico, relación e curriculum da/s persoa/s autor/as do proxecto, da dirección, da produción executiva, da escenografía, da iluminación e do elenco. Segundo as bases poderán presentar os seus proxectos a este Certame as compañÃas ou produtoras de teatro galegas asÃ́ como empresarios/as ou artistas a tÃtulo individual que conten ou vaian contar con cobertura de produción para desenvolver o proxecto. O premio consistirá na cantidade de 2.000 euros e un número de representacións garantidas equivalente ao número de entidades colaboradoras. O caché establecido para esas representacións será, como máximo de 2.700 euros máis impostos. O xurado valorara, entre outros elementos, a traxectoria da entidade ou persoa/s que presentan o proxecto e entre as deberes do gañador esta o cumprir o convenio de actores e actrices de Galiza na produción e exhibición do espectáculo resultante do proxecto. A data límite para a presentación dos proxectos ao Certame será o día 30 de setembro de 2018.