Teatro da Ramboia faise co I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

Levará a Farsa do bululú do chairego a 23 concellos de todo o país

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Entrega do Premio Manuel María de Proxectos Teatrais

Entrega do Premio Manuel María de Proxectos Teatrais

Unha versión de O meu mundo non é deste reino ou Farsa de Bululú de Manuel María valeulle a Teatro da Ramboia facerse co I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. A compañías, composta por María Peinado, Fran Lareu, Anxo García e Germán Gundín foi seleccionada pola súa proposta sobre este texto de Manuel María, unha parodia sobre a dictadura franquista na que o xurado destacou "o amplo abano de público ao que se dirixe; a diversidade de espazos e ambientes nos que pode ser escenificado e a probada calidade artística do elenco que se propón, tanto na área do teatro actoral como na de monicreques, así como a súa coherencia co universo dramático de Manuel María e, en concreto, coa obra escollida". A obra, que mestura títeres e actores sobre escena estrearase o vindeiro mes de setembro.

O galardón está dotado con 2.000 euros en metálico e o compromiso de contratación da obra resultante por parte para un total de 26 representacións por parte dos 23 concellos e das tres deputacións que promoven o certame en colaboración coa Cada Museo de Manuel María. Manuel Lourenzo, Belén Pichel, Quico Cadaval e Alberte Ansede foron os membros do xurado.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Teatro, Teatro da Ramboia, Bululú...