Teatro da Ramboia presenta O meu mundo non é deste reino

Ourense acollerá a estrea da obra que se impuxo no I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

21/10/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos

Fotografía promocional da obra

O meu mundo non é deste reino é o título co que Teatro da Ramboia levará ás táboas a súa adaptación da Farsa do bululú de Manuel María. A montaxe, que se fixo co I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais estrearase o vindeiro 7 de novembro no Auditorio de Ourense. Fran Lareu e Anxo García con dirección de María Peinado protagonizan esta obra na que, segundo explica a compañía "un par de trapeiros chegan a unha parada no seu camiño despois de días de longa viaxe cara á Feira do Vento. Traen consigo unha carga enorme de todo tipo de obxectos estraños: cortinas rimbombantes, paus de todos os tamaños, bolsas das que despuntan teas dunha chea de tecidos e cores, e algo que semella ser unha enorme e aparatosa mochila de madeira".

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións
Compartir:

Títeres e traballo actoral mestúranse nesta proposta que destaca a importancia de contar como xeito de superar a opresión nun contorno ditatorial. A obra conta xa con 26 funcións contratadas polos diferentes concellos e administracións que colaboran na organización do certame.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Teatro, Teatro da Ramboia, Ourense...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares