A biblioteca da Deputación da Coruña rexistra importantes aumentos de préstamos dixitais e socios

Nos primeiros días de abril incrementou en mil peticións

16/4/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Comezan a publicarse cifras sobre hábitos culturais en relación ao estado de alarma e confinamento da poboación. A Deputación da Coruña informou de que na biblioteca provincial rexistráronse "máis libros prestados a máis persoas". O organismo avanzou que "rexistrou case mil solicitudes só nos primeiros días do mes de abril". A deputación optou por fortalecer o seu servizo dixital, abrindo o acceso a persoas non rexistradas e aumentando o número de títulos. "Durante esta situación de confinamento, incrementouse exponencialmente o número de persoas lectoras que utilizan a plataforma dixital, que xa leva realizados 15.368 préstamos, 909 deles nestes primeiros días de abril", sinalouse desde o organismo provincial.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña

Claves