Distintas iniciativas achegan a corentena de profesionais da escena e da arte

Erregueté e o Concello da Coruña levan á rede o confinamento desde a xente da cultura

6/4/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Quico Cadaval no seu confinamento. Fotografía de Erregueté

No confín de... é o título da sección que estreaba o pasado 2 de abril o web Erregueté. Na mesma, e mediante unha serie de entrevistas breves, convídase a profesionais de diferentes ámbitos do sector escénico a contar como pasan o confinamento domiciliario pola crise do Coronavirus. María Roja, Belén Constenla, Fernando Epelde, Quico Cadaval e Nerea Brey son os primeiros protagonistas desta sección na que falan sobre as lecturas, músicas ou filmes cos que acompañan estes días.

De xeito similar, o Concello da Coruña puxo a andar A nosa arte en corentena, unha serie de vídeos nos que artistas locais falan sobre as súas obras e proxectos. Luisa Valdés, Pedro Bueno e Mico Rabuñas son os primeiros protagonistas desta iniciativa que se pode seguir polas redes sociais do departamento municipal de Cultura.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Erregueté, Concello da Coruña, María Roja, Quico Cadaval