Luzes e Erregueté abren contidos na rede durante o confinamento

As publicacións súmanse á campaña a achegar contidos culturais a domicilio

20/3/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: comunicacionsociedadeculturanacasa
42 lecturas | Compartido 0 veces

Dúas novas publicacións súmanse á tendencia de liberar contidos culturais na rede por mor do confinamento. A revista Luzes publicou nas súas redes sociais un usuario e unha clave para que quen teña interese poida acceder de balde a todos os seus contidos, habitualmente restrinxidos a persoas con subscrición. O usuario "Coronavirus" e mais a chave COVID-19 son permiten a calquera persoa navegar pola totalidade de artigos publicados pola revista.
Tamén Erregueté, a Revista Galega de Teatro, está a facer públicos diferentes contidos da súa edición imprensa a coincidir con este período. Unha corrente salvaxe, de Raúl Dans; O tempo de Lluísa Cunillé; Prohibido sufrir, de Clara Gayo; e Morte súbita, de Ricardo Cabaça son os primeiros títulos que se dispoñibilizan en aberto.

Universo culturagalega.gal

14/12/2010

O lugar das ideas

O Consello da Cultura Galega renova a súa Mediateca web

Universos

Claves

Protagonistas
Conceptos