GaliciaLe dobra o préstamos de produtos culturais electrónicos en 2020

A plataforma rexistrou case 130.000 préstamos de libros e outros formatos dixitais

1/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A pandemia está a provocar un incremento claro do consumo de produtos culturais dixitais, nomeadamente libros electrónicos e audiolibros. Segundo fixo público a Consellería de Cultura, a plataforma pública de lectura dixital GaliciaLe rexistrou durante 2020 129.784 préstamos de libros, revistas, audiolibros e películas en formato dixital. Duplicaron a cifra do ano anterior, ao igual que acontece co número de usuarios activos, uns 18.620, na que a porcentaxe é mesmo algo superior. Entre os libros electrónicos máis prestados situáronse títulos como Loboferoz, de Patacrúa, ou Infamia, de Ledicia Costas, así como La nena, de Carmen Mola, ou El enigma de la habitación 622, de Joël Dicker. No caso dos audiolibros, o que rexistrou un maior número de préstamos foi Largo pétalo de mar, de Isabel Allende, e no eido audiovisual O Apóstolo ou O que arde.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ledicia Costas, Lectura, Apóstolo, Consellería de Cultura

Claves

Protagonistas
Conceptos