Faleceu Serafín Mourelle, referente da cultura marítima galega

Fora recoñecido pola AELG co título de Mestre da Memoria

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Faleceu Serafín Mourelle, referente da cultura marítima galega

Este 31 de marzo finaba na Coruña Serafín Mourelle, mariñeiro, poeta e narrador oral recoñecido pola Sección de Literatura Oral da AELG como Mestre da Memoria. Mourelle, nado en Corme en 1933, foi autor do libro de poemas Carapelas de Sal e Iodo e da novela inédita Cartas ao meu avó, na que narra a súa aventura na mariña mercante, no banco Canario-Sahariano e nas augas do Gran Sol. Como narrador oral transmitiu moitas historias da vida do mar que foron recollidos, entre outros por Xurxo Souto nos seus libros e artigos. As condolencias polo seu pasamento están a ser unha constante estes días da man de colectivos como a AELG, Rede Oza ou Partido Comunista Galego, no que militaba.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Souto, Literatura, A Coruña, Medios de comunicación...