A AELG premia como Mestres da Memoria ás Pandereiteiras da Alén e a Serafín Mourelle

Celebrará unha gala o 27 de maio no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Asociación de Escritores en Lingua Galega premiou as Pandeireteiras da Alén (Orosia e Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos) e a Serafín Mourelle Bugallo como Mestres da Memoria. O galardón xestionouse a través da Sección de Literatura Oral, coordinada por Antonio Reigosa, e os premios entregaranse na gala que se celebrará no Centro Cultural Cárcere Vello de Lugo, o 27 de maio. Estes premios concéndese a "informantes da literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional".

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo, Antonio Reigosa, Lingua galega...