A asemblea celebrada o pasado sábado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) no Museo do Pobo Galego tomou a decisión, entre outras, de nomear Escritora Galega Universal 2017 a autora portuguesa Hélia Correia, distinción que se recollerá na II Gala do Libro Galego que terá lugar o 20 de maio na cidade de Santiago de Compostela. A Asemblea aprobou tamén outorgar ás Pandereteiras da Alén (Xirarga, Beariz, Ourense) Orosia Gil Ramos, Alsira Gil Ramos e Ólida Diz Ramos; e mais a SerafÃn Mourelle os Premios Mestres/as da Memoria 2017, galardóns que se entregarán na II Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria a celebrar en Lugo a finais da primavera. Asà mesmo, acordouse que Pilar GarcÃa Negro sexa a próxima “Escritora na súa Terra – Letra E” e, por tanto, quen reciba unha homenaxe que este ano chega á súa vixésimo terceira edición; será no mes de xuño no Concello de Lugo.
Alén de escoller o novo Consello Directivo da AELG, aprobouse o programa de actividades para o ano, que inclúe como a máis próxima a celebración do vindeiro DÃa de RosalÃa de Castro.
O programa aposta por continuar con actividades de traxectoria xa asentada e de alcance social como son os paseos literarios ou os obradoiros da Escola de Escritoras e Escritores; tamén a organización ou coorganización de xornadas de formación dirixidas ao estudo das diferentes formas de crear literatura contemporánea desde os espazos de formación de novos formadores-as/educadores-as/mediadores-as da lectura. Tamén se reforza o proxecto coordinado pola Sección de Literatura Oral coa celebración dunha nova Gala dos Premios Mestres e Mestras da Memoria e a través da celebración de máis polafÃas e, no outono, dunha nova edición, a décima, da Xornada de Literatura de Tradición Oral, que este ano levará como tÃtulo "Palabras con memoria". Tamén para o outono terá lugar na Coruña unha nova edición, a segunda, das Xornadas de Literatura Dramática; e mais, en Pontevedra, un congreso de poesÃa que fará unha revisión do xénero durante os últimos 40 anos.