Lugo acolle a primeira Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria

A Asociación de Escritores entregará os seus galardóns a Dolores Macías Pose e Mini e Mero

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Lugo acolle a primeira Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria

O Vicerreitorado da Universidade de Santiago en Lugo acolle este sábado 19 a primeira edición da Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria. A Asociación de Escritores en Lingua Galega organiza este encontro para entregar os galardóns cos que recoñece "informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional". Nesta cuarta edición dos premios, os galardoados foron Dolores Macías Pose e mais Mini e Mero. A gala, que se celebra co lema Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral contará coas actuacións do grupo de gaiteiros Lúa chea de San Xoán, o acordeonista Eloi Mato, Matilde Vilariño e Francisco Almuíña.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Escritores, Literatura, Tradición oral...