A coincidir co perÃodo de illamento domiciliario por mor da epidemia de coronavirus, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega acaba de facer público o libro de actas do Congreso de PoesÃa Nós tamén navegar. 40 anos de poesÃa galega. Entre encontro, que se desenvolveu en Pontevedra en 2017, realizou "unha revisión da poesÃa galega nos últimos catro decenios, un exame da súa situación actual e do peso da poesÃa no sistema literario e na sociedade galega, tendo en conta a relevante diversidade de propostas, achegas e temáticas que mostran as diferentes poéticas existentes, e tamén analizar colectivamente os retos para o futuro".
O volume que agora está dispoñible en formato pdf recolle as intervencións en diferentes mesas redondas de nomes como Marta Dacosta, Helena Villar Janeiro, Rosa EnrÃquez, Yolanda Castaño, Alfonso Becerra, Miguel Sande, Antonio Reigosa, Silvia Penas, Mercedes Queixas, Ramón Caride, Ramón Nicolás, EstÃbaliz Espinosa, Ramiro Torres ou MarÃa Reimóndez entre outros. Nos textos abórdanse cuestións como a evolución da poesÃa galega nas últimas catro décadas, a relación entre poesÃa e escena, as traducións e diálogos con outros sistemas poéticos ou a innovación neste xénero literario. A obra complétase coas comunicacións que se remitiron ao congreso e mais cun apéndice fotográfico das actividades deste evento.