
Dúas conferencias, dúas mesas redondas, un panel de experiencias, unha actuación-performance e un recital poético a cargo de Emma Pedreira, María Lado e Movemarcos (Leo e Xubín) vertebran un programa que se inicia o xoves 15 de novembro e que seguirá o resto do día e na tarde do venres. Yolanda Castaño encargarase da conferencia de apertura e Antonio García teijeiro será o encargado do peche do evento. As xornadas contarán coa participación de destacados membros do sector literario tanto desde a profesión editora como desde a creación.Paz Castro, Antía Otero, Isaac Xubín e Leire Bilbao para ticiparán nun panel sobre o percorrido entre creación e edición. A primeira mesa redonda versará sobre os "novos camiños para a poesía", a cargo de Marcus Daniel Cabada (revista Ligeia), Anxos Rial (mestra e mediadora de lectura) e a poeta Celia Parra. O venres 16 de novembro, iniciarase a segunda xornada do simposio, ás 10:00h. coa mesa redonda Canles de visualización con Quico Valeiras, da libraría Chan da Pólvora, Nuria Vil e Lara Dopazo. As sesións do XV Simposio da AGE están abertas ao público ata completar aforo.