"O libro educativo na era dixital" é o lema do XVIº simposio sobre o libro e a lectura que organizan a Asociación Galega de Editoras e o Departamento de Educación, Mocidade, Igualdade e PolÃticas LingüÃsticas do Concello de Santiago, en colaboración con Cedro, Consello da Cultura e a Xunta de Galicia. O evento, que terá lugar no Auditorio do Consello da Cultura Galega en Santiago, reúne a diferentes expertos e promotores da edición de libro educativo coa finalidade de ofrecer formación sobre a actualidade ao sector e ao público en xeral. Trátase dun encontro profesional onde se conversará, debaterá e reflexionará sobre o libro educativo na era dixital, a transmisión do coñecemento no ensino e a convivencia do libro en papel e do libro dixital. Dúas conferencias, tres mesas redondas e un panel de experiencias vertebran un programa que se inicia o xoves 21 de novembro, ás 10:00 horas coa conferencia de apertura de Antón Costa "Visión histórica da educación en Galicia". O venres 22 de novembro, Gregorio Luri, encargarase da conferencia de peche das xornadas, "Sen educación non hai lectura", ás 12:30 horas.