Os 40 anos da Asociación Galega de Editoras centran o XXº simposio 'O libro e a lectura' que organiza hoxe a Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia. A biblioteca do CCG, na sede desta institución en Santiago, acolle o acto profesional de balance e análise do futuro da edición en Galicia. Neste encontro os representantes das editoras galegas conversarán e reflexionarán sobre estas catro décadas de percorrido da edición en Galicia, a situación do mercado e a internacionalización do libro galego. Logo da inauguración, prevista para as 10:00 horas, proxectarase o vÃdeo dos 40 anos da AGE realizado pola produtora Illa Bufarda e, seguidamente, ás 10:30, terá lugar a intervención do editor e actual presidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos coa conferencia "Asà xurdiu a AGE en 1983".
Neste perÃodo desde a creación da AGE a media do volume anual de edición de tÃtulos en galego, entre 2003 e 2022, foi para os rexistrados no ISBN de 1.741 tÃtulos e segundo a federación de editores FGEE de 1.556 tÃtulos. Nas tres últimas décadas o catálogo do libro galego dispoñible nas librarÃas (por declaración das editoras) multiplicouse por cinco, pasando dos 3.190 tÃtulos en catálogo en 1995 aos 16.660 tÃtulos en 2022. Estes son algúns dos datos que se desprenden do informe "Datos da edición galega, 1983-2023" que presenta neste simposio Manuel Bragado, editor e presidente da AGE entre 2010 e 2014. No que ten que ver cos datos económicos do sector, o informe de Bragado asegura que a facturación do libro en galego mantivo unha tendencia de incremento desde 1994, cando supuña o 9,4 por cento da facturación total en Galicia, estabilizándose entre 2007 e 2022 e diminuÃndo dende entón ata o 11, 36 por cento de 2022 o que supón unhas vendas de 16,60 millóns de euros. A cota media do libro galego sitúase nestas dúas últimas décadas arredor do 12 por cento do total da facturación de libros en Galicia, segundo informe que hoxe se presenta no Simposio. O documento achega tamén o dato do desembolso por parte das editoriais dos dereitos de autor amosando unha tendencia da última década de pagamentos neste concepto de arredor de millón e medio de euros.
O programa inclúe o Panel de experiencias: "presente e futuro da edición en Galicia" coa participación de representantes de varias editoras galegas. Compartirán experiencias arredor do Libro educativo/E-Dixgal, a cargo de Ana Guerra (Obradoiro) e MarÃa Xesús Gómez (Rodeira); a LIX e o álbum ilustrado, por Paz Castro (Kalandraka); a poesÃa, a dixitalización e o ecosistema editorial, a cargo de Fran Alonso (Xerais); a importancia de traducir os clásicos universais ao galego, por Celia Recarei (Irmás Cartoné); a mediación e a prescrición no apoio ao libro galego, coa intervención de Henrique Alvarellos (Alvarellos Editora) e, finalmente participará Marcos Calveiro da editorial Galaxia con 'Xestionar os clásicos: de Castelao á Banda Deseñada'.